TRUDIS PHARMA – Verificación de entrega de productos farmacéuticos
TRUDIS PHARMA, TRUE DELIVERY INTEGRAL SYSTEM FOR PHARMACIES LIGISTICS, é un proxecto subvencionado pola AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN a través da convocatoria CONECTA PEME, liderado por COFANO Farmacéutica del Noroeste Soc. Coop. Gallega, e desenvolvido en colaboración con DALOT, Distribuciones Alonso Otero Transportes, S.L., IMATIA INNOVATION, S.L., INTECO Ingeniería Avanzada, S.L. y VISUAL PUBLINET, S.L.
O obxectivo do proxecto é o de desenvolver un sistema de xestión integral do servizo de comercialización de produtos farmacéuticos que sexa capaz de recibir os pedidos dos clientes, producir as ordes de procesado loxístico, realizar a planificación das cargas e rutas de reparto, controlar e verificar automaticamente a entrega en tempo e forma (first time quality) e, por último, asignar a cada liña de pedido os costes reais derivados.